Conter os prezos, protexer o emprego
Os sindicatos CCOO e UGT, xunto con outras organizacións sociais, convocan mobilizacións en todo o Estado para esixir medidas pola suba dos prezos. O pasado mes de febreiro, a inflación alcanzou unha nova cifra histórica ao se situar no 7,6 %, o nivel máis alto desde 1986. A tensión dos prezos da electricidade, o gas, os carburantes e outras materias primas estase trasladando ao prezo do resto de bens e servizos, que xa soben de forma xeneralizada.
Todo fai prever que a inxustificable guerra iniciada por Rusia coa invasión de Ucraína terá como consecuencia unha aceleración da inflación que pon en risco o acceso a bens e servizos esenciais, a recuperación económica e a creación de emprego, intensificando os problemas de desigualdade e pobreza.
Ante este escenario, é urxente que o Goberno de España e a Unión Europea actúen de forma contundente. Teñen a obriga de despregar todas a iniciativas que cumpran para poñer fin a esta escalada dos prezos, para atallar comportamentos especulativos e para protexer e dar seguridade á toda a cidadanía.
CCOO, UGT e as organizacións sociais que apoian esta convocatoria —organizacións de autónomos, de consumidores e entidades veciñais— fan un chamamento á mobilización e toda a cidadanía o vindeiro día 23 de marzo
MOBILIZACIÓNS:
— A Coruña. Manifestación ás 19:00 desde a praza de Pontevedra ata o Obelisco
— Ferrol. Concentración ás 19:30 na praza da Constitución
— Santiago de Compostela. Concentración ás 19:30 na estación vella (San Caetano)
— Lugo. Concentración ás 19:30 na Subdelegación do Goberno
— Viveiro. Concentración ás 19:30 na praza do Concello
— Ourense. Concentración ás 19:30 na Subdelegación do Goberno
— Pontevedra. Manifestación ás 19:30 desde o Hospital Provincial ata a praza da Peregrina
— Vilagarcía de Arousa. Concentración ás 19:30 na praza de Galicia
— Vigo. Manifestación ás 19:30 desde a Vía Norte ata o cruzamento da praza de Compostela con Colón