Resumo da reunión da Mesa Xeral de Negociación de PAS

As principais conclusións desta reunión da Mesa de PAS foron as seguintes:

  • Xerencia deixa bastante en dúbida a súa vontade de reconducir o tema por vías de diálogo, indica que todo o fixo ben e que non convocou á Mesa antes porque non había tempo
  • CC.OO indica que somos firmes partidarios do aforro enerxético e que xerencia cometeu un erro ao publicar a Instrución V/2022 sen atender á solicitude de reunión da Mesa. Non consideramos admisible a pretensión de incautación do dereito aos asuntos propios e vacacións con motivo do peche de nadal
  • O xerente asegura que os días de asuntos propios e as vacacións non serán incautados. A pesar diso, négase a enviar dunha comunicación a todo o persoal ou aos responsables dos servizos confirmando ou aclarando o tema nese sentido

No documento adxunto indícase con maiores detalles o desenvolvemento da reunión e dos temas tratados:

Resumo Mesa xeral PAS do 21 de outubro