Melloras para o Persoal Investigador e de Apoio á Investigación da USC
O DOG de hoxe publica a Resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta, pola que se procede a inscrición no rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade do Acordo do 29 de marzo de 2022 da Comisión Paritaria polo que se modifica o acordo sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación da USC. Esta publicación no DOG supón a entrada en vigor definitiva das modificacións acordadas.
A desaparición do contrato de obra ou servicio, empregado ata agora de maneira xeneralizada na USC, obrigaba a definición dun novo marco de contratación no ámbito da investigación e proporcionou unha oportunidade única, que dende CC.OO non quixemos desaproveitar. Tratábase de mellorar as condicións laborais, e evitar a fraude de lei xeneralizada nos contratos das persoas traballadoras que desenvolven tarefas de investigación e de apoio na USC.
Coas modificacións incorporadas agora asúmese a existencia da contratación indefinida no ámbito do persoal de Cap.VI, en plans ou programas propios. Péchase así o paso na USC á presión exercida polos reitores da CRUE, e incluso de forma incomprensible por algún sindicato, que pretendían que se autorizase ás universidades a seguir empregando indefinidamente o contrato por obra e servizo; utilizado durante anos en claro fraude de lei tamén no noso sector.
O Acordo inicial sobre a clasificación profesional e as condicións retributivas do persoal investigador e do persoal de apoio á investigación fora asinado en 2020 por CC.OO, CIG e UGT. Pese a ser unha adaptación do acordo de 2020, CIG non aceptou agora as melloras introducidas no texto para adaptalo ao novo modelo de contratación regulado na nova Reforma Laboral, á que ese sindicato tamén se opuxera previamente. Pola súa parte CSIF, que non asinara en 2020, adheriuse agora ao acordo inicial e ás súas modificacións.
É importante destacar que na adaptación normativa, levada a cabo pola comisión paritaria en marzo, se define e se compromete un proceso de estabilización, de conformidade co previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.
Este proceso de estabilización e estruturalización de postos de traballo, incluído tamén no acordo, xa se iniciou días atrás coa publicación no DOG o pasado 31 de maio da Oferta Pública de Emprego da USC para 2022. Esta OPE de 2022 permitirá darlle completa estabilidade, unha vez rematado o proceso, a un total de 116 postos de traballo ocupados por persoal de Cap. VI con unha antigüidade continuada anterior a 2016.
CCOO o teu sindicato, a mellor garantía
