Resumo da reunión da Mesa Xeral de Negociación de PAS

As principais conclusións desta reunión da Mesa de PAS foron as seguintes:

  • Xerencia anuncia que o próximo Consello de Goberno aprobará a nova estrutura de unidades directivas que non estarán na RPT de PAS e cuxos postos se cubrirán por libre designación que non teñen que ser PAS. Pola súa parte, os postos da RPT de PAS dependerán deses novos postos directivos de libre designación
  • CC.OO vota en contra desta proposta por entender que vai contra o establecido nos Estatutos da USC que esixen que as unidades directivas dependentes da xerencia formen parte da RPT de PAS e que, para garantir a profesionalización da xestión o seu desempeño lle corresponde en todos os casos ao PAS (Art. 91). Os demais sindicatos non se definen a favor ou en contra e quedan en comunicar o seu voto en dous días

No documento adxunto indícase con maiores detalles o desenvolvemento da reunión e dos temas tratados:

Resumo Mesa xeral PAS do 21 de xuño

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía