Resumo da reunión da Mesa Xeral de Negociación de PAS

As principais conclusións desta reunión da Mesa de PAS foron as seguintes:

  • En resposta á nosa petición, o xerente confirma o compromiso de facer efectivo a 1 de xaneiro 2023 o acceso extraordinario ao grado I da carreira profesional horizontal do PAS.
  • No noso escrito de alegacións CC.OO denuncia a falta de transparencia na cobertura mediante Atribución Temporal de Funcións nos postos de Responsables de Subárea. O xerente en resposta comprometese a convocar inmediatamente a provisión mediante Comisión de Servizos.
  • CC.OO denuncia que non se aborden, alegando motivos orzamentarios, as modificacións de RPT que quedaran en debaterse antes do verán, e que en cambio non houbera problema cos custes da nova estrutura de postos directivos, que reiteramos vai contra os estatutos USC. Na resposta comprométese a abordar eses compromisos con efectos de 1 de xaneiro e que non vai a entrar de novo no tema dos postos directivos.
  • Xerencia retira, tal e como pediamos no escrito de alegacións de CC.OO , a proposta sobre o posto de Técnico de investigación en Medicina que implicaba modificacións das funcións desa categoría.
  • Sobre o cambio de dependencia do Forno crematorio de Veterinaria, explicou que era necesario facilitar a mobilidade do persoal, xa que hai un déficit. Vincula o asunto á necesidade de reorganizar aos técnicos de investigación.
  • Sobre as prazas da Área de Calidade, está pendente dunha nova estrutura organizativa que debe propoñer a Vicerreitoría de titulacións (inclúe ao SXOPRA).
  • Tamén en resposta a preguntas de CC.OO no punto de rolda aberta de intervencións, indica que nun prazo moi breve se resolverá a modalidade A do Concurso do PAS funcionario. Sobre a convocatoria 2022 de Teletraballo responde que sairá en breve.
  • Tendo en conta a retirada da proposta do Técnico de Investigación, e os compromisos adquiridos ou ratificados pola xerencia en relación ás nosas demandas, decidimos finalmente votar a favor da modificación da RPT. Tamén votaron a favor CIG e UGT mentres que CSIF votou en contra e TGU e CIUS non quixeron votar.
  • Finalmente sinalar, xa como anécdota, que CIUS solicitou por escrito non ter dereito a voto na Mesa de PAS, alegando que non o tiñan na de PAS-PDI. TGU apoiou esa moción e aceptaron ambos a resposta do xerente de que o cambio de regulamento da Mesa PAS -PDI se trataría na súa xuntanza a partir das 11:00. O caso foi que despois non se presentaron na reunión da mesa de PAS-PDI.

No documento adxunto indícase con maiores detalles o desenvolvemento da reunión e dos temas tratados:

Resumo Mesa xeral PAS do 23 de setembro

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía