CCOO exixe da Xerencia a presentación inmediata da súa proposta de carreira horizontal que debe implantarse con efectos de 1 de xaneiro de 2023 

A semana pasada publicouse no DOG un novo acordo de implantación da carreira profesional horizontal nunha administración de ámbito galego; un acordo que supón o establecemento de novas retribucións vinculadas á carreira profesional. Para o persoal Administración xeral da Xunta xa en 2018 se asinou o chamado Acordo de Concertación.

Tamén no SERGAS, Axencia tributaria, distintos concellos e outros ámbitos da administración central, autonómica ou local, así como outras universidades, hai anos que se comezou a implantar.

Dende a sección sindical de CC.OO exiximos á xerencia a presentación inmediata da proposta de carreira profesional horizontal e a apertura tamén inmediata da negociación do réxime extraordinario para o acceso ao grao I da carreira profesional para o PAS.

Ver información máis completa no anexo:

Reclamación de negociación da carreira profesional

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía