As principais conclusións desta reunión da Mesa de PAS foron as seguintes:
- Por unanimidade de todos os sindicatos, apróbanse os criterios conxuntos que rexeran as convocatorias dos concursos de estabilización extraordinaria previstos na lei 20/2021 que deberán negociarse e publicarse antes de 31 de decembro deste ano
- Valorarase a experiencia profesional dos 10 anos anteriores ao remate do prazo de solicitudes, con un máximo de 70 puntos; a razón de 0,6 puntos por mes traballado na USC, na escala, categoría ou praza obxecto de convocatoria. Noutras administracións a 0,2 puntos por mes
- Outros méritos: valerán ata un máximo de 30 puntos
No documento adxunto indícase con maiores detalles o desenvolvemento da reunión e dos temas tratados:
Resumo Mesa xeral PAS-PDI do 8 de novembro