Publicada a relación provisional de prazas de Persoal Investigador susceptibles de estabilización

Estabilización do Persoal Investigador

A xerencia da USC vén de facer pública por fin a listaxe provisoria de prazas de persoal empregado investigador da Universidade de Santiago de Compostela que son susceptibles de estabilización segundo as disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, do 29 de decembro de 2021. Este listado, que inclúe un total de 110 prazas a estabilizar, contén a expresión da categoría, dedicación, retribucións anuais, IP e programa agrupado ou institucional no que se inscribe e localidade na que se desenvolven as funcións do posto. Pola contra, a listaxe non contén a identificación das persoas que ocupan actualmente as prazas ou postos de traballo.

A resolución publicada o día 5 de maio no taboleiro electrónico de anuncios da USC establece un período de alegacións de CINCO (5) días hábiles para a presentación de alegacións que deberán dirixirse ao enderezo de correo electrónico investigacion@usc.gal

Confírmase tamén, na resolución publicada o 5 de maio, que unha vez que sexa firme a relación de prazas a estabilizar, procederase á proposta de modificación dos contratos actuais en contratos de persoal laboral interino por vacante, ata que se proceda á súa cobertura regulamentaria de conformidade co proceso establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro

Así mesmo, tramitarase a aprobación da relación definitiva de prazas nos órganos de goberno, previa negociación coa representación sindical, e a súa autorización por parte da Xunta de Galicia para incluílas na Oferta de Emprego Público de 2022 da Universidade de Santiago de Compostela.

Podes descargar a resolución e o seu anexo, onde figura o listado na seguinte ligazón: 2022-05-05-Resolución estabilización.pdf

Logo CCOO USC

Avenida das Ciencias s/n
Locais Sindicais da USC
Campus Sur
Santiago de Compostela

CCOO da USC, o teu sindicato, a mellor garantía