A Mesa Xeral de negociación (PAS e PDI) aproba a Oferta Pública de Emprego da USC para 2022

OPE 2022: Estabilización e promoción interna

A totalidade dos sindicatos con representación na Mesa Xeral de Negociación da USC (PAS e PDI) xunto cos representantes do equipo de goberno acordaron este mércores a Oferta Pública de Emprego da USC para o 2022, que inclúe un total de 163 prazas de PDI, 121 de PAS (40 delas por promoción interna) e por primeira vez ofertaranse tamén 115 de Persoal Investigador (Cap. VI).

En canto ao Persoal de Cap. VI, a OPE da USC para 2022 inclúe 115 prazas de Persoal Investigador que permitirán avanzar na estabilización e estruturalización do persoal investigador e de Cap VI. Unha vez aprobada esta OPE no Consello de Goberno e trala súa publicación no DOG, procederase á proposta de modificación dos contratos actuais destas prazas en contratos de persoal laboral interino por vacante, ata que se proceda á súa cobertura regulamentaria de conformidade co proceso establecido na Lei 20/2021. Estas prazas de persoal investigador que figuran no anexo VI da OPE aprobada inclúense por primeira vez na Oferta de Emprego da USC.

A estabilización destas 115 prazas resolverase finalmente por concurso de méritos. Os items e a valoración deste concurso de méritos están pendentes de negociar coa xerencia, o que se fará unha vez publicada no DOG a Oferta Pública de Emprego coa inclusión destas prazas. Posteriormente, a USC publicará as convocatorias de concurso, no que as persoas interesadas terán que presentar unha solicitude de participación, ao que se poderá presentar calquera persoa interesada. A convocatoria do concurso ten que estar en DOG antes de 31/12/22 e a resolución, coa adxudicación definitiva das prazas ás persoas que acaden as prazas ten que estar rematada antes de 31/12/2024.

Con respecto a estas prazas de persoal investigador, por parte de xerencia quedouse en facer unha nova publicación provisional do listado, unha vez revisadas as alegacións recibidas e corrixindo algúns erros detectados. Esta publicación farase de xeito inmediato e permitira seguir revisando o tema ata a aprobación definitiva da OPE no Consello de Goberno da USC, previsto para finais deste mes de maio.

En canto ás 121 prazas de PAS de Cap. I, incluídas nesta OPE de 2022: Tres delas corresponden á oferta ordinaria (anexo II). Outras seis son de estabilización ordinaria (anexo III) e 72 corresponden á estabilización extraordinaria en aplicación tamén da lei 20/2021 (anexo V). Estas prazas permitirán completar os procesos xa en marcha na USC de redución da temporalidade. Hai que destacar tamén as 40 novas prazas de promoción interna separada para PAS, que tamén se incorporaron finalmente no anexo VII da OPE de 2022.

Por parte de CC.OO queremos destacar tamén as 40 novas prazas de promoción interna separada para PAS, que tamén se incorporaron finalmente no anexo VII da OPE de 2022. Estas prazas permitirán o acceso a distintas categorías de PAS funcionario e laboral.

Con respecto ás 163 prazas de PDI que se ofertan nesta OPE, o máis destacable son as 50 prazas en promoción para Catedráticos/as de Universidade, outras 50 de Profesor/a Titular (9 delas reservadas para Ramón y Cajal) e 50 máis de Contratado Doutor (6 con reserva tamén para Ramón y Cajal) todas elas incluídas no anexo I da proposta aprobada. Tamén cabe destacar en aplicación da lei 20/2021 a inclusión no anexo IV de 13 prazas de Profesor/a Laboral Fixo (asimilado a profesor colaborador).

Consulta aquí a Proposta de OPE acordada na Mesa Xeral de negociación da USC