Aspectos pendentes do Acordo marco para unha administración do século XXI

CCOO e UGT demandan unha reunión urxente ao Ministro Escrivá para culminar aspectos pendentes do Acordo Marco

A área Pública de CCOO e UGT Servicios Públicos, asinantes do Acordo Marco para unha Administración do século XXI, instan a José Luis Escrivá, ministro de Función Pública, a retomar de inmediato a axenda en materia de función pública e transformación dixital, temas específicos recollidos no Acordo Marco e no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia comprometido polo Goberno coa Unión Europea.

Imaxe da reunión coa Secretaria de Estado de Función Pública

CCOO e UGT materializan co Goberno a suba salarial do 0,5 % do PIB en cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do século XXI

UGT Servicios Públicos e a área Pública de CCOO reuníronse na mañá de hoxe (01/02/2024) coa Secretaria de Estado de Función Pública para facer efectiva a suba retributiva complementaria do 0,5 % vinculada ao PIB do 2023 e instan ao goberno a articular o mecanismo necesario para levar a cabo o incremento do 2 % pactado para o 2024 sen ter que esperar á lei de PXE 2024.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

Hoxe, como cada 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, co fin de fomentar nos centros educativos valores como a tolerancia, o entendemento e o respecto mutuo entre persoas, sexa cal sexa a súa procedencia e a súa forma de pensar.