Seguimento de alegacións das publicacións e outros méritos artísticos e literarios (tras resolucións provisionais 23-24)

Do día 5 ao día 7 de marzo de 2024 reunirase a Comisión de Avaliación para analizar as alegacións presentadas á resolución provisional nos procedementos normalizados ED012A (CXT – Concurso Xeral de Traslados) e ED013A (Concurso de Orientación) no referente ás epígrafes 4.1 do Anexo XVIII e 6.1 e 6.3 do Anexo XVII da Orde do 24 de outubro de 2023 (DOG nº215, do 13 de novembro), ás epígrafes 6.1 e 6.3 do Anexo II da Orde do 21 de novembro de 2023 (DOG nº230, do 4 de decembro) así como as epígrafes 6.1 e 6.3 do Anexo II da Orde do 17 de novembro de 2023 (DOG nº230, do 4 de decembro – Concurso de Adultos).

As persoas afiliadas ás Comisións Obreiras poden facernos chegar a información necesaria para o seguimento a través deste formulario.