Apertura de listas de contratación e outras novidades

Resolución (DOG)

  1. Péchase a incorporación de novas solicitudes para as seguintes listas (persoal funcionario):
    • Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría agronómica.
    • Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría industrial.
    • Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de montes.
    • Escala de arqueólogos/as.
    • Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade de terapia ocupacional.
  2. Reábrense as seguintes listas (persoal funcionario):
    • Escala de veterinarios/as.
    • Escala de profesores/as numerarios/as de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
    • Escala de técnicos/as facultativos/as. Especialidade educadores/as.
    • Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia
    • Agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal funcionario subalterno.
  3. Reábrense as seguintes listas (persoal laboral):
    • Analista de laboratorio.
    • Celador/a de estradas. Capataz de brigada.
    • Animador/a sociocultural.
    • Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado.
    • Oficial/a 2ª agrario/a.
    • Auxiliar de laboratorio.
  4. Relación de listas que se atopan abertas: consultar o anexo III da Resolución. As persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión entre o 1 de marzo e o 30 de abril de 2024.
  5. Relación de listas que se atopan pechadas e condicións que teñen que cumprir as persoas que se poidan inscribir: consultar o anexo IV da Resolución.
  6. As persoas integrantes das listas que autorizaron na solicitude a consulta de datos por parte da Administración e que figuran excluídas das listas pola imposibilidade da obtención deses datos, deberán achegar a documentación no prazo para reclamar contra as listas provisionais.