Máis dun milleiro de persoas esíxenlle ao Goberno unha suba salarial para as empregadas e empregados públicos

Na concentración diante do Ministerio de Facenda, o coordinador da Área Pública de CCOO, Lucho Palazzo, esixiu o pagamento do 0,5 % pendente de 2024, un incremento salarial para 2025, completar o cumprimento do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI e negociar un novo acordo plurianual. Estas reivindicacións entregáronse a Facenda nun manifesto rexistrado no ministerio ao rematar a mobilización.

CCOO Ensino denuncia a presión velada da Dirección Territorial de Educación de Pontevedra sobre os centros educativos da provincia pola súa participación en “Artelixo”

Dende CCOO Ensino queremos denunciar publicamente o contido do correo enviado pola Xefatura Territorial de Educación aos centros educativos da provincia de Pontevedra con motivo da celebración de “Artelixo” (denominado este ano “AltriLixo”), un evento artístico e ambiental organizado polo Concello de Redondela.

Polo cumprimento íntegro do Acordo sobre medidas de mellora – Resumo da conferencia de prensa

O pasado venres, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP convocamos unha conferencia de prensa para demandar o cumprimento íntegro do “Acordo sobre medidas de mellora”.
Preparamos este resumo no que en menos de 10 minutos podes coñecer, con probas, a situación non cumprimento íntegro por parte da Consellería de Educación.

Polo cumprimento íntegro do Acordo

As organizacións sindicais CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP comparecemos publicamente para denunciar a falta de cumprimento íntegro do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo, asinado coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia. A situación, logo de case un ano e medio da sinatura, esixe unha resposta clara por parte da Consellería e do Presidente da Xunta, que ao fin e ao cabo, foi a persoa que asinou dito Acordo.

Melloremos os soldos nas administracións públicas!

A pesar das reiteradas peticións do noso sindicato, o Goberno de España non está a cumprir nin os seus compromisos nin o seu deber cos empregados e empregadas públicas. E é que dous meses despois de que o INE certificase o IPC de 2024, aínda non se levou ao Consello de Ministros e Ministras a orde para pagarnos o 0,5 % restante de incremento salarial correspondente a 2024. Un incremento que provén do acordo asinado por CCOO e UGT en outubro de 2022.

CCOO esixe máis recursos para a detección temperá do alumnado con TEA

No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo,, desde a Federación de Ensino de CCOO esiximos un incremento dos recursos materiais e, sobre todo, de persoal especializado dende as etapas máis temperás e durante toda a educación obrigatoria e postobrigatoria, xa que o diagnóstico precoz e o seguimento sostido son vitais para mellorar a calidade de vida das persoas con TEA.