CCOO e FACUA reforzan a súa colaboración na defensa dos dereitos das persoas traballadoras como consumidoras

Coa presenza do secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, e a presidenta de FACUA, Olga Ruíz, asinouse un acordo que se enmarca no convenio de colaboración ao que chegaron ambas as organizacións en decembro de 2022, co obxectivo de seguir impulsando a defensa dos dereitos das persoas traballadoras, non só no seu medio laboral, senón tamén como consumidoras e usuarias … Ler máis

Concentración este domingo en Santiago polo futuro do galego: “Mudemos de rumbo”

Este domingo, 17 de novembro, ás 12:00, concentrámonos en Santiago de Compostela, na Praza da Quintana, para reclamar un futuro digno para o galego. Convocamos a todas e todos a que vos sumedes a esta mobilización organizada pola plataforma Queremos Galego, baixo o lema “Mudemos de rumbo. Polo futuro do galego”.

O Acordo de diálogo social mellora a xubilación parcial e a calidade do emprego das persoas remudistas

O acordo formalizado hoxe por CCOO, UGT, CEOE, CEPYME e o Ministerio de Seguridade Social culmina a reforma de pensións iniciada en 2021 cunha lexislación mellorada do modelo de xubilación gradual e flexible, recoñecendo máis dereitos de xubilación parcial, un novo regulamento para a xubilación anticipada por traballos penosos e novos incentivos para a compatibilidade de traballo e pensión. Ademais das relativas a pensións, o acordo incorpora medidas como a recuperación do coeficiente multiplicador do 1,5 para mellorar os períodos de cotización das persoas con contrato fixo-descontinuo, entre outras materias.