10 de Marzo: Mellorar o emprego · Máis igualdade · Fortalecer o benestar!

Día da Clase Obreira Galega 2024

O 10 de Marzo conmemoramos, un ano máis, o Día da Clase Obreira Galega. Lembramos aqueles feitos de 1972 en Ferrol que provocaron a convulsión dun sistema ditatorial. Esa data é reivindicada anualmente polo Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Fundación 10 de Marzo.

Suspéndense as concentracións por Palestina de hoxe na Coruña e en Vigo

Debido á alerta meteorolóxica pola borrasca Ciarán, cancélanse as concentracións previstas para esta tarde na Coruña e en Vigo.

Nos próximos días, comunicaremos unha nova data para estas mobilizacións coas que queremos expresar a nosa solidariedade co pobo palestino da Franxa de Gaza, que sofre un ataque de Israel sen precedentes, agravado pola ausencia de axuda humanitaria, coas persoas totalmente desprotexidas.

‌ Manifesto de apoio ao pobo palestino

CCOO esixe a mellora dos servizos públicos e a recuperación dos dereitos do persoal do sector

Esta mañá, delegadas e delegados de CCOO, primeiro sindicato das Administracións públicas, mobilizáronse en todo o Estado para esixir a mellora dos servizos públicos e o respecto á negociación colectiva para recuperar dereitos do persoal do sector público. En Galicia houbo concentracións na Delegación do Goberno na Coruña e nas Subdelegacións de Lugo, Ourense e Pontevedra.

A ministra de Educación anuncia a creación dun novo corpo de Profesorado Especialista en sectores singulares da FP no que se inserirán as especialidades que non necesitan posuír titulación universitaria

  • CCOO valora este anuncio, pois establece a necesidade do profesorado con titulación de técnico superior na Formación Profesional, tal como formulaba o sindicato, elimina algunha das incertezas do profesorado afectado pola disposición adicional 11 da LOMLOE que declaraba para extinguir o corpo de PTFP e por abrir a posilibidade ao profesorado temporal de novas contratacións. 
  • CCOO realizará unha valoración máis exhaustiva cando se coñezan todos os pormenores desta decisión que, segundo palabras da ministra, se plasmará na vindeira lei de Formación Profesional