CCOO mantén a firmeza fronte ás propostas patronais na negociación do convenio de Infantil 0-3

Na reunión celebrada onte, 15 de xaneiro, as patronais reafirmaron as súas propostas canto a retribucións e incapacidade temporal (IT). Con respecto a este último punto, é importante recordar que CCOO xa o cualificara como moi negativo anteriormente, argumentando que representa un recorte na única mellora introducida polo convenio colectivo, sen xustificación ningunha.

CCOO denuncia a imposibilidade de melloras salariais para docentes do ensino concertado tras a publicación da Lei de orzamentos

CCOO Ensino manifesta a súa preocupación tras a recente publicación da Lei de orzamentos, que impide calquera posibilidade de homologación salarial para o persoal docente do sector concertado e deixa en suspenso as expectativas de mellora económica deste colectivo profesional.

Acordo de medidas de mellora: información para o ensino concertado

O apartado “2. Redución de rateos” resulta de aplicación nos centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia. Podes atopar o contido completo deste apartado a continuación. Ademais, para unha comprensión máis ampla e para coñecer os demais apartados, aplicables no ensino público, invitámoste a consultar o acordo íntegro.

Toda a información da primeira reunión da comisión de seguimento do Acordo de medidas de mellora

O 9 de xaneiro de 2024 quedou constituída a comisión de seguimento do “Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da comunidade autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación”.

A Xunta de Galicia perpetúa o bloqueo do aboamento da paga de antigüidade e complementos

A Xunta de Galicia confirmou que non se aboará a paga de antigüidade nin os complementos por coordinacións e xefaturas de departamento aos traballadores e traballadoras do ensino concertado en 2024. A pesar das demandas de CCOO para eliminar o artigo 57 da LEI 9/2023 e establecer unha partida orzamentaria para estas pagas, a Xunta mantén a súa postura.

Continúa a loita pola dignidade e os dereitos laborais na educación infantil 0-3

Nunha nova demostración de forza e unidade, centos de traballadoras de educación infantil 0-3 tomaron as rúas de Vigo e A Coruña hoxe, reivindicando mellores condicións laborais e salarios xustos. Esta xornada de protesta, que continuou a desenvolverse baixo o lema "Por un convenio digno e salarios xustos. Polo desbloqueo das negociacións", marca un punto culminante nunha serie de mobilizacións que veñen celebrándose dende xuño.

Continúa o bloqueo nas negociacións do convenio

As recentes reunións revelaron un novo bloqueo das patronais nas negociacións do convenio da educación infantil 0-3. Mentres CCOO propón melloras integrais, os incrementos salariais propostos pola patronal son insuficientes, e continúan a xerar preocupación pola posibilidade de que existan salarios por baixo do SMI en 2024. Namentres, o sindicato USO opta por pechar as negociacións e as traballadoras manteñen a presión por unhas condicións máis xustas.

O bloqueo continúa, e as mobilizacións planeadas tamén.

‌ infórmaTE: toda a información das reunións do 24 de novembro e do 1 de decembro