As escolas infantís 0-3 seguen en loita

O persoal das escolas infantís 0-3 anos volveuse mobilizar este mércores, 13 de decembro, en defensa dun convenio digno. Este colectivo profesional leva máis de ano e medio reclamando avances nas negociacións, «estancadas polo inmobilismo e involucionismo das patronais».

CCOO, UGT, CIG e SNEP convocamos estas mobilizacións após do «fracaso» da reunión do pasado 24 de novembro, a duodécima xa. As empresas deixaron claro que non teñen «vontade de chegar a ningún acordo que lles permita ás traballadoras recuperar o poder adquisitivo perdido e obter uns salarios dignos e xustos», acordes á responsabilidade do labor educativo.

Tras as protestas do mércores, volvemos saír ás rúas o sábado, día 16, cunha manifestación nacional en Santiago de Compostela. E o martes da semana que vén, 19 de decembro, haberá unha nova xornada de folga, con manifestacións na Coruña e Vigo.

Fotografía manifestación 13 decembro

Fotografía manifestación 13 decembro

 Manifesto das organizacións sindicais convocantes

 Cartel 16 decembro

Cartel manifestación sábado 16