Negociación do convenio para centros de asistencia e educación infantil

A novidade máis remarcable é que, por primeira vez, expresaron a súa intención de analizar as nosas esixencias en materia de xornada, que pasan, por unha banda, porque unha parte do tempo de traballo de educadoras e mestras non sexa de atención directa ao alumnado, e por outro, por reducir a xornada de maneira xeneralizada.

En canto ao tema retributivo, ratificáronse na súa proposta para a xestión directa, cousa totalmente inasumible para CCOO. Os incrementos propostos están por baixo do acordado entre organizacións empresariais e CCOO e UXT no marco do Dialogo Social para o período 2023-2025. Ademais, propoñen para as educadoras un salario de 1.220€ en setembro de 2025, moi afastado de nosa formulación. Respecto á xestión indirecta deixaron entrever a posibilidade de modificar á alza a súa última proposta salarial e neste sentido pediron ás organizacións sindicais unha contraproposta. 

No relativo á Incapacidade Temporal, as patronais realizaron un novo ofrecemento que rexeitamos desde o sindicato, xa que penaliza claramente a mellora actual nos procesos de baixa prescritos por persoal facultativo. A proposta consiste en complementar o 80% ata o día 30 de baixa e o 100% entre o día 31 e o 110.

Desde CCOO, seguimos defendendo, a diferenza doutras organizacións sindicais, que a negociación non pode pecharse en falso, que non pode cinguirse exclusivamente ao tema salarial e que necesariamente o novo convenio colectivo debe incorporar outras melloras máis alá das retributivas, especialmente en xornada laboral e permisos retribuídos. 

A próxima reunión celebrarase o próximo 15 de xaneiro.