Resumo da Mesa Sectorial do 16 de maio sobre reais decretos de FP

O Ministerio recoñeceu o carácter informativo da Mesa Sectorial e manifestou que non hai marxe para modificacións relevantes nos textos que irán a aprobación no Consello de Ministros, esta semana ou a seguinte, e que se publicarán no BOE ao día seguinte.

Solicitude urxente de reunión coa Directora Xeral de Formación Profesional

CCOO Ensino vén de solicitar unha reunión urxente á Directora Xeral de Formación Profesional á vista de todo o comentado nas xornadas FP Innova celebradas desde o mércores 24 ata o día de hoxe en Santiago de Compostela.
A escasos cinco meses do inicio do novo curso, aínda non recibimos ningunha comunicación por parte da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre os plans que ten para implantar o novo modelo de FP derivado da Lei Orgánica 3/2022, de 31 de marzo, de ordenación e integración da Formación Profesional.

CCOO lidera a negociación para reducir xornadas e mellorar condicións dentro da Mesa Negociadora do convenio de ocio educativo

Na última reunión do IV Convenio Colectivo de ocio educativo e animación sociocultural, celebrada o 10 de abril, CCOO propuxo importantes melloras nas condicións laborais do sector. Entre as medidas destacadas, figuran a redución da xornada anual e a introdución dun descanso remunerado de vinte minutos. CCOO continúa a súa loita para asegurar un equilibrio máis xusto entre a vida laboral e persoal dos traballadores e traballadoras nun sector especialmente precarizado.

Publicado Real Decreto polo que se modifican as condicións de formación inicial do profesorado de centros privados para ESO e Bacharelato

Regúlanse as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nas ensinanzas de ESO ou Bacharelato, e se establece, a efectos de continuidade da actividade docente nestes centros, a correspondencia entre determinadas materias. ‌ Real Decreto 187/2023, de 21 de marzo

CCOO asina o XI Convenio colectivo de centros de ensino privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado

O pasado 17 de decembro CCOO asinou o XI Convenio Colectivo, xunto ao resto de organizacións sindicais de ámbito estatal, tras sometelo á consulta coas nosas bases e ser ratificado, deste xeito , o preacordo subscrito unha semana antes.       O convenio terá unha vixencia de tres anos, ata o 31 de decembro de 2023, establece un incremento salarial do … Ler máis