A Xunta presume de coidar o ensino concertado, pero esquece a quen o sostén

CCOO Ensino denunciamos que a Xunta presume de apoiar o ensino concertado mentres mantén bloqueadas as melloras salariais e laborais das súas profesionais. Esiximos que o financiamento público garanta condicións dignas e que a Administración deixe de confrontar as traballadoras dos distintos ámbitos educativos e sociais.

O Tribunal Supremo anula o Real decreto 905/2025 de creación e recoñecemento de universidades

O Tribunal Supremo anula por defectos formais o Real decreto 905/2025, que endurecía os requisitos para crear universidades. CCOO denuncia as consecuencias desta decisión para a universidade pública e reclama unha nova normativa que free a proliferación descontrolada de universidades privadas.

Toda a información da Mesa Sectorial sobre o Concurso xeral de traslados do 13 de outubro de 2026

Hoxe, 13 de outubro de 2026, celebrouse a Mesa Sectorial docente non universitaria sobre o concurso xeral de traslados. Consulta a intervención de CCOO Ensino e as respostas da Administración.

A finais de mes celebrarase unha nova mesa sobre os concursos de traslados de educación de persoas adultas e orientación do corpo de mestres, así como a actualización dos anexos de especial dificultade, que incluirá as aulas hospitalarias tras anos de reivindicacións de CCOO.

CCOO-USC SOLICITA INFORMACIÓN DETALLADA SOBRE A EXECUCIÓN DOS ORZAMENTOS DESTINADOS AO PERSOAL

Desde CCOO-USC vimos de solicitar á Xerencia información detallada sobre a execución orzamentaria das partidas destinadas ás accións e plans de mellora, recollidas nos orzamentos dos exercicios de 2025 e 2026. Esta iniciativa de CC.OO ten como finalidade coñecer o grao real de execución e o destino efectivo dos fondos comprometidos, ante os reparos que se están a poñer ao … Ler máis

Categorías USC