Reunión de mediación da negociación do novo convenio de Infantil 0-3 no SIMA
A reunión do 11 de abril aprazouse. A próxima reunión será o 14 de maio.
A reunión do 11 de abril aprazouse. A próxima reunión será o 14 de maio.
Publícase no DOG da hoxe, venres 12 de abril de 2024, a resolución definitiva do Concurso Xeral de Traslados (CXT).
Polo tanto, iníciase o prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia (do 15 ao 26 de abril, ambos incluídos) para a solicitude de comisións por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral.
13, 14 e 21 de maio. Telepresencial. Solicitada homologación á Consellería.
Publícase o resultado do sorteo público dos/as vogais dos tribunais que xulgarán o concurso-oposición do ano 2024 e que tivo lugar o día 10 de abril de 2024, ás 9.00 horas na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Santiago de Compostela.
A Federación de Enseñanza de CCOO organiza unha xornada en liña o próximo martes 16 de abril, de 11:00 a 13:00 horas, sobre “Permisos e dereitos de corresponsabilidade”.
Mañá, mércores, publícase o sorteo dos tribunais de oposición. Traémosche dúas infografías: unha ten toda a información sobre as causas de suplencia, abstención e recusación; a outra explica como se elixen as persoas suplentes para cada vogal titular.
Velaquí podes consultar todas as retribucións do PSEC, actualizadas despois da suba retroactiva do 0,5% que recibimos na nómina de febreiro. Está pendente a suba do 2% do ano 2024, que recibiremos, tamén retroactivamente, na nómina de abril ou maio.
O prazo de reclamacións contra estas listaxes é de dez (10) días hábiles e comeza o día 9 de abril de 2024 e remata o día 22 de abril de 2024 (ambos días incluídos).
Na reunión do 4 de abril sobre o XVI Convenio Colectivo de Atención a Persoas con Discapacidade, CCOO presentou propostas para mellorar as condicións salariais fronte ás dificultades xeradas pola suba do SMI.
Concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato ─ordinario, extraordinario ou accidental─ no actual curso 2023/24 e non solicitaron prórroga.