Subportada
Información sobre permutas para o curso 25-26
Unha vez resolto o Concurso Xeral de Traslados (CXT), se non obtiveches o destino desexado, é o momento de comezar a buscar unha posible permuta de destinos.
Nas aulas e nos centros de traballo, somos barreira contra a LGTBIQA+fobia
17 de maio, Día Internacional contra a LGTBIQA+fobia
Día das Letras Galegas 2025
Este sábado celebraremos o Día das Letras Galegas cunha homenaxe sen precedentes: a poesía popular oral e a figura das mulleres pandeireteiras son recoñecidas como alicerces da nosa cultura.
16 de maio: Día Mundial do Persoal de Apoio Educativo (PAE)
O 16 de maio conmemoramos o Día Internacional do Persoal de Servizos Educativos e Complementarios (PSEC), recoñecendo o labor fundamental que desempeñan estas traballadoras e traballadores na atención integral ao alumnado e no funcionamento dos centros educativos.
Non participación no CADP para o curso 25-26
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso académico 2025-2026.
PRAZO: desde o 15 de maio ata o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos.
Publicada no DOG a orde de calendario escolar para o curso 25-26
Publicada no DOG a orde do 8 de maio de 2025 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. O curso escolar irá do 8 de setembro de 2025 ao 19 de xuño de 2026. Enlace ao DOG
Toda a información sobre a negociación do convenio de ocio educativo
Na reunión do pasado 8 de maio alcanzáronse algúns puntos de consenso en materia salarial.
As CCOO expresamos o noso pesar polo falecemento de Pepe Mujica
O martes, 13 de maio de 2025, faleceu José “Pepe” Mujica, ex presidente do Uruguai. A súa marcha deixa un «baleiro inmenso» no seu país, na América Latina e no mundo enteiro, onde o seu legado de humildade, austeridade e compromiso coa xustiza social seguirá a inspirar xeracións.
Asinado o X Convenio Colectivo de Ensino e Formación non regrada
O novo texto recolle algunhas das demandas formuladas por CCOO na súa plataforma reivindicativa, que contribúen significativamente a mellorar a situación nos centros e permiten avanzar nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector.
