As CCOO expresamos o noso pesar polo falecemento de Pepe Mujica
O martes, 13 de maio de 2025, faleceu José “Pepe” Mujica, ex presidente do Uruguai. A súa marcha deixa un «baleiro inmenso» no seu país, na América Latina e no mundo enteiro, onde o seu legado de humildade, austeridade e compromiso coa xustiza social seguirá a inspirar xeracións.
