Asinado o X Convenio Colectivo de Ensino e Formación non regrada

Actualización 11/07/2025: X Convenio colectivo de enseñanza y formación no reglada (BOE de 9 de xullo de 2025)

O novo texto recolle algunhas das demandas formuladas por CCOO na súa plataforma reivindicativa, que contribúen significativamente a mellorar a situación nos centros e permiten avanzar nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector. Destacan as seguintes:

  • As persoas contratadas a tempo parcial que realicen un número similar de horas complementarias durante máis dun ano poderán, de mutuo acordo, consolidalas incrementando a súa xornada ordinaria nesa cantidade de horas.
  • Regúlase o funcionamento do contrato fixo-descontinuo, introducindo novas garantías para as persoas traballadoras.
  • Créanse novos artigos que recollen unha regulación específica para o traballo a distancia e o teletraballo, así como a desconexión dixital. Entre outras medidas, establécense:
    • Unha compensación mensual de 22 euros cando se presten servizos en réxime de teletraballo ou traballo a distancia de forma regular.
    • Dotación mínima de medios materiais que deberá procurar a empresa a cada persoa que traballe a distancia: ordenador, rato, teclado, auriculares e micrófono.
    • Mesmos dereitos ca as persoas traballadoras que traballen presencialmente, incluíndo o dereito a participar nas accións formativas da empresa, nas avaliacións de riscos en saúde laboral e nas eleccións sindicais.
  • Inclúense novas regulacións en varios capítulos do convenio, como excedencias e conciliación da vida familiar e laboral.
  • Redúcese a 20 o número de días de preaviso en caso de cesamento no traballo por vontade da persoa traballadora. Igualmente, redúcese a penalización por incumprimento deste preaviso a un día de salario por cada día de atraso.
  • Adáptase o convenio aos novos permisos retribuídos. Ademais:
    • Mellórase ata os cinco días o permiso establecido legalmente por falecemento do cónxuxe ou familiar de primeiro grao.
    • Inclúese o novo permiso por forza maior.
    • Aumenta o actual permiso de 15 horas anuais ata as 20 horas nos supostos establecidos no convenio colectivo.
  • Inclúense medias dirixidas a garantir a igualdade de oportunidades e a evitar a discriminación e o acoso das persoas LGTBIQ+ nos apartados de permisos retribuídos, ascensos e vacantes e mais réxime disciplinario.
  • En materia salarial acórdase:
    • Ano 2024:
      • Desde o 1 de xaneiro, adaptación de salarios en postos de traballo afectados polo SMI.
      • Desde o 1 de xullo:
        • 3,5 % nos postos de traballo non adecuados ao SMI, c. dedicación e CPP.
        • 2,7 % nos postos de profesor/a auxiliar ou adxunto/a e profesor auxiliar en liña.
        • 1,5 % nos postos de oficial/a administrativo/a de 2.ª, orientador/a profesional e prospector/a de emprego.
    • Ano 2025: adecuación ao SMI de 2025 e, para o resto dos postos de traballo, un incremento do 3,5 % en todos os conceptos, máis un incremento adicional do 1,5 % ás categorías de profesor/a titular, profesor/a de taller, educador/a social e titulado/a non docente.
    • Anos 2026 e 2027: incrementos anuais do 3,5 % en todos os conceptos, máis un incremento adicional, cada ano, do 1,5 % ás categorías de: profesor/a titular, profesor/a de taller, educador/a social e titulado/a non docente.