Convocada Mesa Sectorial sobre a apertura excepcional de listas de determinadas especialidades sen requisito de máster
Convocada Mesa Sectorial que terá lugar o martes, 17 de decembro.
Convocada Mesa Sectorial que terá lugar o martes, 17 de decembro.
A Consellería de Educación volve demostrar unha xestión deficiente ao abordar a cobertura provisional de prazas na Inspección Educativa. Tralo concurso-oposición celebrado no verán de 2024, no que se ofertaron 11 prazas pero só se cubriron 6, a Consellería optou por un procedemento improvisado e claramente ineficaz para cubrir as necesidades detectadas no servizo de Inspección Educativa ao deixar esas outras 5 vacantes desertas.
Publicación dos resultados da Primeira Proba e publicación da convocatoria para a entrega do proxecto e dos criterios de avaliación do proxecto da fase A do procedemento para cubrir con carácter provisional postos de traballo de inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2024/25.
CCOO, UGT, USO, ANPE, ADIDE, USIE, UFP, SUP, ACAIP e SIAT, reclamamos ao Goberno como ás aseguradoras, unha SOLUCIÓN XA, UN ACORDO que dea tranquilidade e calma para a asistencia sanitaria de calidade para 1,5 millóns de persoas funcionarias.
A Federación de Enseñanza de CCOO, como membro do devandito comité, participou na elaboración do documento que propón 107 medidas.
As entidades asinantes piden celeridade ao Goberno para pechar un novo convenio e poñer sobre a mesa un plan de viabilidade para a asistencia sanitaria do funcionariado público.
O pasado 28 de novembro celebrouse unha reunión na que se aprobou o regulamento da comisión encargada de negociar o Plan de Igualdade no ámbito do ensino. Desde CCOO valoramos positivamente a aprobación, xa que a gran maioría das emendas que presentamos foron incorporadas. Este regulamento permitirá avanzar nun marco de traballo organizado, que prevé reunións periódicas a partir de xaneiro para abordar a elaboración do Plan.
As organizacións asinantes do “Acordo de medidas de mellora” mantiveron contactos coas organizacións políticas con representación no Parlamento de Galicia para emendar a aplicación progresiva deste acordo que xa se incorpora no borrador da Lei de Medidas fiscais e administrativas de Galicia, que “acompaña” a tramitación dos orzamentos autonómicos para o ano 2025.
A intención é publicar a orde do concurso o día 4 de decembro para iniciar o prazo de participación o día 5 de decembro.
Convocada Mesa Sectorial que terá lugar o luns, 25 de novembro.