No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria.
A Administración pide desculpas xa que nas anteriores mesas sectoriais informouse de que non ía haber Concurso de Traslados de Adultos, pero era o aconsellable en base aos datos que manexaban.
A intención é publicar a orde do concurso o día 4 de decembro para iniciar o prazo de participación o día 5 de decembro.
Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración:
PROXECTO DE ORDE DO CONCURSO DE TRASLADOS DE ADULTOS
Intervención de CCOO Ensino
Valoramos positivamente que a Administración atendera a nosa reclamación de convocatoria de concurso de traslados específico para centro de adultos. Rectificar é sen dúbida de sabios.
Con carácter previo solicitamos que se nos proporcione pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos un catálogo das diferentes prazas que existen na actualidade en cada un dos centros de educación e promoción de adultos, tanto en centros ordinarios como penitenciarios.
En todo caso para o cómputo das vacantes do CXT de adultos esiximos que saian a concurso aquelas vacantes que levan ofertándose como provisionais nos tres últimos Concursos de Adxudicación de Destinos Provisionais, e que non teñan propietario definitivo, xa que demostraron abondamente a súa estruturalidade. ACEPTADO
Solicitamos, ao ser un concurso que non se convoca regularmente, que non se requira unha permanencia de dous cursos no centro de destino definitivo previo. É dicir ou se convocan todos os anos concurso de adultos para evitar estas discordancias ou non se esixe os dous cursos previos de permanencia, solución con viabilidade xurídica, xa que a lei 2/2015 recolle unha permanecia mínima para concursos específicos de seis meses de permanencia no destino definitivo previo. DENEGADO
En canto ás vacantes faltaría por incluir as seguintes:
- EPAPU Eduardo Pondal (A Coruña): ata 5 vacantes que foron ofertadas ininterrumpidamente nos últimos tres anos:
- Filosofía (590001)
- Latín (590003)
- Bioloxía e Xeoloxía (590008)
- Portugués (590015)
- Economía (590061)
- EPAPU Santa María de Caranza (Ferrol): faltaría unha xubilación de Xeografía e Historia, xa que haberá dúas de 70 anos a 31 de agosto de 2025, e só se oferta unha vacante. Ata tres vacantes que levan ofertándose nos últimos tres anos:
- Filosofía (590001)
- Latín (590003)
- Lingua Castelá e Literatura (590004)
- IES San Clemente (Santiago de Compostela): varias vacantes levan ininterrumpidamente ofertándose nos últimos tres anos de forma provisional sen ser ofertadas de forma definitiva:
- Lingua Castelá e Literatura (590004)
- Francés (590010)
- Inglés (2 vacantes) (590011)
- EPAPU Albeiros (Lugo): ata 5 vacantes que foron ofertadas ininterrumpidamente nos últimos tres anos provisonalmente:
- Lingua Castelá e Literatura (590004)
- Matemáticas (590006)
- Inglés (590011)
- Orientación Educativa (590018)
- Pedagoxía Terapéutica (597036)
- EPAPU Monterroso: debería sair algunha praza de Educación Primaria (597038) de forma definitiva. Nos últimos CADP todos os anos hai ata tres vacantes provisionais de Educación Primaria neste centro, considerando que só hai dous docentes defnitivos no centro, máis da metade do cadro de persoal ano tras ano é provisional, polo que urxe que saian polo menos dúas prazas de Educación Primaria de forma definitiva.
- EPAPU de Ourense: ata 5 vacantes que foron ofertadas ininterrumpidamente nos últimos tres anos provisionalmente:
- Filosofía (590001)
- Lingua Castelá e Literatura (590004)
- Matemáticas (590006) ACEPTADA
- Bioloxía e Xeoloxía (590008)
- Economía (590061)
- EPAPU Nelson Mandela (A Lama): xubilación de Ciencias sociais: xeografía e historia (597021) ACEPTADA e vacante de Educación Primaria (597038) que leva ofertándose nos últimos tres anos de forma provisional.
- EPAPU Río Lérez (Pontevedra): ata 6 vacantes que foron ofertadas ininterrumpidamente nos últimos tres anos de forma provisional:
- Latín (590003)
- Lingua Castelá e Literatura (590004)
- Matemáticas (590006)
- Física e Química (590007)
- Bioloxía e Xeoloxía (590008) PASAN DE 2 A 1 VACANTE
- Lingua Estranxeira: Inglés (597032)
- EPAPU do Berbés (Vigo): unha vacante en Tecnoloxía que leva ofertándose nos últimos tres concursos de destinos provisionais.
REVISARÁN AS VACANTES QUE SE COMENTAN E TENTARÁN RESPONDER EN 24 HORAS