CCOO, UGT, USO, ANPE, ADIDE, USIE, UFP, SUP, ACAIP e SIAT, reclamamos ao Goberno como ás aseguradoras, unha SOLUCIÓN XA, UN ACORDO que dea tranquilidade e calma para a asistencia sanitaria de calidade para 1,5 millóns de persoas funcionarias.
En Galicia están afectadas 63.000 mutualistas persoal funcionario de ensino, administración xeral do estado, Correos, Prisións, Axencia Tributaria…
Esiximos que se concrete o antes posible un acordo estable, razoable e satisfactorio, que garanta a calidade asistencial a todas e todos os empregados públicos, e que os servizos médicos e sanitarios ofertados non se vexan minguados, senón que, pola contra, melloren as súas prestacións.
Únete ás concentracións diante das sedes de MUFACE nas catro provincias!!!