Información sobre permutas para o curso 25-26
Unha vez resolto o Concurso Xeral de Traslados (CXT), se non obtiveches o destino desexado, é o momento de comezar a buscar unha posible permuta de destinos.
Unha vez resolto o Concurso Xeral de Traslados (CXT), se non obtiveches o destino desexado, é o momento de comezar a buscar unha posible permuta de destinos.
Despois de varios meses de espera, vén de publicarse no DOG de hoxe a Oferta Pública de Emprego (OPE) do PAS laboral e funcionario da USC de 2025 que fora aprobada na xuntanza da Mesa Xeral de Negociación de PAS da USC do pasado 26 de febreiro. A OPE deste ano, ao igual que se vén facendo dende 2020, inclúe as prazas … Ler máis
17 de maio, Día Internacional contra a LGTBIQA+fobia
Este sábado celebraremos o Día das Letras Galegas cunha homenaxe sen precedentes: a poesía popular oral e a figura das mulleres pandeireteiras son recoñecidas como alicerces da nosa cultura.
O 16 de maio conmemoramos o Día Internacional do Persoal de Servizos Educativos e Complementarios (PSEC), recoñecendo o labor fundamental que desempeñan estas traballadoras e traballadores na atención integral ao alumnado e no funcionamento dos centros educativos.
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso académico 2025-2026.
PRAZO: desde o 15 de maio ata o 2 de xuño de 2025, ambos incluídos.
Publicada no DOG a orde do 8 de maio de 2025 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2025/26 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. O curso escolar irá do 8 de setembro de 2025 ao 19 de xuño de 2026. Enlace ao DOG
Na reunión do pasado 8 de maio alcanzáronse algúns puntos de consenso en materia salarial.
O martes, 13 de maio de 2025, faleceu José “Pepe” Mujica, ex presidente do Uruguai. A súa marcha deixa un «baleiro inmenso» no seu país, na América Latina e no mundo enteiro, onde o seu legado de humildade, austeridade e compromiso coa xustiza social seguirá a inspirar xeracións.
O novo texto recolle algunhas das demandas formuladas por CCOO na súa plataforma reivindicativa, que contribúen significativamente a mellorar a situación nos centros e permiten avanzar nas condicións laborais das persoas traballadoras do sector.