Desde CCOO Ensino reclamamos a convocatoria do concurso de atención preferente

Ao ter coñecemento da posibilidade de que a Consellería de Educación non convoque este ano o concurso de atención preferente, desde CCOO Ensino dirixímonos de inmediato á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para reclamar que se proceda á súa convocatoria. Consideramos que non facelo suporía unha grave regresión na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

CCOO ACADA UN ACORDO NA MESA PAS-PDI PARA MANTER A GRATUIDADE NAS MATRÍCULAS E RECUPERAR Á VEZ O PLAN DE PENSIÓNS PARA PDI E PAS

A Mesa Xeral de Negociación de PAS-PDI da USC celebrou, dende o pasado 23 de abril, varias reunións nas que se abordou a negociación sobre as axudas de matrícula e as demais medidas de acción social cara ao persoal da USC. A xerencia aceptaba facer as achegas do Plan de Pensións, correspondentes a 2025, aínda que a cambio de introducir … Ler máis

Categorías USC