Mes: Setembro 2024
Oferta de cursos en liña 2024 da Federación de Enseñanza de CCOO
Consulta a información dos próximos cursos en liña organizados por la Federación de Enseñanza de CCOO.
Convocatoria do Programa PROA+ para os cursos 24-25 e 25-26
Publicada a Resolución do 4 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen as bases para a convocatoria do Programa para a orientación, avance e enriquecemento educativo en centros de especial complexidade educativa (Programa PROA+) nos centros docentes públicos de educación primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e … Ler máis
O “Acordo de medidas de mellora” frea en seco a eliminación de aulas de infantil e primaria
Tras a publicación, o día 21 de agosto de 2024, no DOG da Orde do 2 de agosto pola que se modifican as unidades e postos de traballo docente para o curso 2024/25, as organizacións asinantes do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do profesorado galego, CCOO Ensino, ANPE e UGT-SP, queremos deixar constancia de que, grazas ao seu asinamento, … Ler máis
Paso de 25 a 23 horas lectivas en Infantil e Primaria
Con data do 30 de agosto, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos emitiu a instrución 6/2024 sobre o horario do profesorado de infantil e primaria no curso 24-25, aclarando que as dúas horas de redución ata chegar ás 23 horas lectivas do profesorado na etapa son horas de libre disposición e, polo tanto, non resulta obrigada a presenza no centro.
Melloras salariais do profesorado galego como consecuencia dos acordos asinados por CCOO Ensino
Os acordos asinados por CCOO permitiron, nos últimos anos, que o profesorado galego gañe poder adquisitivo. Cando outros sindicatos que non asinaron ningún acordo vaian polo teu centro, pregúntalles que melloras conseguiron nos últimos sete anos.
Apertura do prazo para o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as – Setembro 2024
O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 ao 30 de setembro, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A). As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da … Ler máis
Aberto o prazo para solicitar habilitacións para docencia no ensino privado – Setembro 2024
https://www.edu.xunta.gal/habilitacions/ Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 16 de setembro de 2024, ambos incluídos. Este servizo web da Consellería permite xerar solicitudes de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinazas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional. O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 16 de setembro de … Ler máis
