CCOO presentou ao secretario de Estado de Educación as súas prioridades para mellorar as condicións do profesorado

Na reunión no ministerio incidimos na preocupante situación na que se atopa o persoal educativo, e na urxente necesidade de mellorar o seu recoñecemento, a súa xornada e as súas condicións de traballo para incrementar a equidade e a calidade do sistema educativo.

CCOO pon enriba da mesa a sobrecarga das e dos docentes do ensino público

Canto traballa o profesorado? Nun informe presentado esta mañá pola Federación de Enseñanza estatal, o sindicato sostén que a xornada mínima real do profesorado cada semana está por riba das 42 horas e nalgúns casos pode exceder as 48. Así mesmo, sitúa a temporalidade do sector nun 26%, moi lonxe do 8% desexable.