Melloras salariais do profesorado galego como consecuencia dos acordos asinados por CCOO Ensino

Os acordos asinados por CCOO permitiron, nos últimos anos, que o profesorado galego gañe poder adquisitivo. Cando outros sindicatos que non asinaron ningún acordo vaian polo teu centro, pregúntalles que melloras conseguiron nos últimos sete anos.

Apertura do prazo para o recoñecemento de novas especialidades do corpo de mestres/as – Setembro 2024

O prazo permanecerá aberto, nesta convocatoria, desde o 1 ao 30 de setembro, de acordo co apartado sétimo da Orde do 23 de xuño de 2020 pola que se establece o procedemento de recoñecemento de especialidades do persoal funcionario de carreira do corpo de mestres (código de procedemento ED020A). As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da … Ler máis

Aberto o prazo para solicitar habilitacións para docencia no ensino privado – Setembro 2024

‌ https://www.edu.xunta.gal/habilitacions/ Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 16 de setembro de 2024, ambos incluídos. Este servizo web da Consellería permite xerar solicitudes de habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinazas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional. O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 16 de setembro de … Ler máis