Mes: Outubro 2023
Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a sinatura do acordo
As organizacións CCOO, ANPE e UGT-SP decidimos asinar o Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación logo das negociacións mantidas ao longo de toda a semana pasada … Ler máis
Guía para mellorar a saúde mental da comunidade educativa
CCOO Ensino propón unha serie de medidas, plans e accións preventivas para coidar a saúde mental de todas as persoas e profesionais que compoñen a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado e as propias Administracións, as cales deben actuar tamén como garantes e promotoras dos plans e actuacións que sexan necesarias para conseguilo.
No Día Mundial da Saúde Mental, desde CCOO Ensino presentamos esta infografía que resume claramente as nosas propostas e reivindicacións para acadar o benestar e o desenvolvemento dunhas vidas plenas e satisfactorias.
Retribucións do persoal docente, actualizadas a outubro de 2023
Velaquí podes consultar a revista TE con todas as retribucións do persoal docente, actualizada ao mes de outubro de 2023, incluíndo a suba retroactiva do 0,5 %, froito do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, asinado por CCOO, que estaba condicionada á suba do IPC. Consulta tamén o cadro resumo (en PDF), que inclúe retribucións mensuais detalladas; descontos de … Ler máis
Folga na educación infantil 0-3!
CCOO convoca catro días de folga contra o bloqueo das negociacións do XIII Convenio Colectivo de Centros de Asistencia e Educación Infantil.
F O L G A
19 e 25 de outubro
8 e 15 de novembro
Suba salarial do 0,5 % retroactiva desde xaneiro
O acordo retributivo asinado por CCOO segue aportando incrementos salariais ao profesorado galego. CCOO continúa demostrando a súa utilidade.
Información adicional:
Xornada parcial = xornada completa
O 1 de Outubro entrou en vigor unha reivindicación histórica de CCOO.
Cadro resumo das retribucións do persoal docente, actualizadas a outubro de 2023
Consulta o cadro resumo (en PDF), que contén retribucións mensuais detalladas; descontos de pasivos, MUFACE e cota obreira; trienios e sexenios; cargos directivos, e complementos.
Inclúe a suba do 0,5 % consolidada de forma retroactiva na nómina de outubro de 2023.
Terceira proposta de negociación do proxecto de acordo por parte da Consellería
CCOO valora positivamente as modificacións introducidas pola Administración neste terceiro documento, presentado en Mesa Sectorial no día de hoxe. Esta proposta recolle emendas propostas por CCOO e as outras organizacións sindicais que decidiron participar activamente durante todo o proceso de negociación. As máis destacables son: Redución de ratios en ESO e Bacharelato. Reactivación do Acordo de Agrupamentos para as aulas que … Ler máis


