Guía para mellorar a saúde mental da comunidade educativa

CCOO Ensino propón unha serie de medidas, plans e accións preventivas para coidar a saúde mental de todas as persoas e profesionais que compoñen a comunidade educativa: alumnado, familias, profesorado e as propias Administracións, as cales deben actuar tamén como garantes e promotoras dos plans e actuacións que sexan necesarias para conseguilo.

No Día Mundial da Saúde Mental, desde CCOO Ensino presentamos esta infografía que resume claramente as nosas propostas e reivindicacións para acadar o benestar e o desenvolvemento dunhas vidas plenas e satisfactorias.

Infografía: guía para mellorar a saúde mental da comunidade educativa

‌ Infografía (PDF)

Retribucións do persoal docente, actualizadas a outubro de 2023

Velaquí podes consultar a revista TE con todas as retribucións do persoal docente, actualizada ao mes de outubro de 2023, incluíndo a suba retroactiva do 0,5 %, froito do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, asinado por CCOO, que estaba condicionada á suba do IPC.  Consulta tamén o cadro resumo (en PDF), que inclúe retribucións mensuais detalladas; descontos de … Ler máis