Por que asinamos o Acordo de medidas de mellora?
Dende CCOO queremos desmontar mentiras sobre o que realmente supón este acordo. Non pretendemos que o profesorado quede coa versión e interpretación que fai CCOO, pero tampouco coa que fai a organización sindical que convoca unha folga contra este acordo. O que pretendemos é que o profesorado lea o texto do Acordo e saque as súas propias conclusións.
