Infografía explicativa do Acordo sobre melloras do sistema educativo e das condicións laborais

Descarga a infografía explicativa de todas as novidades introducidas no "Acordo sobre melloras do sistema educativo e das condicións laborais".

A información está á túa disposición para que a valores detidamente:

  • Que non te metan en polémicas
  • Entende ben todo o acadado coa sinatura do acordo
  • Seguimos traballando para acadar máis melloras, non se limita esta posibilidade en ningún aspecto
  • Desde xa, comezamos a visitar centros para aclarar as dúbidas que poidas ter

11 de outubro, día internacional da nena

Esta data conmémorase cada ano para arroxar luz sobre as condicións nas que viven e medran as nenas adolescentes (arredor de 600 millóns delas, entre 10 e 19 anos), e para poñer sobre a mesa os desafíos aos que se enfrontan, especialmente nos países en desenvolvemento.

Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a sinatura do acordo

As organizacións CCOO, ANPE e UGT-SP decidimos asinar o Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación  logo das negociacións mantidas ao longo de toda a semana pasada … Ler máis