Comunicado conxunto para o profesorado galego sobre a sinatura do acordo

As organizacións CCOO, ANPE e UGT-SP decidimos asinar o Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes da Comunidade Autónoma de Galicia que imparte as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación  logo das negociacións mantidas ao longo de toda a semana pasada no seo da Mesa Sectorial.

Lamentamos a actitude da CIG nesta negociación, que se negou a facer unha soa aportación ata a terceira sesión, en temas tan importantes como a redución de ratios, redución do horario lectivo, recoñecemento da responsabilidade asumida polos equipos directivos, racionalización da burocracia, etc.

CCOO, ANPE e UGT-SP desde o primeiro momento puxemos todos os nosos esforzos en presentar propostas que mellorasen a proposta inicial da Administración nos temas centrais da negociación.

Por outra banda, está xa tramitada a solicitude ante Función Pública para iniciar a negociación da xornada laboral a 35 horas semanais para todas e todos os empregados públicos. Esta redución ten que conlevar non só a redución do horario complementario, senón tamén a redución do horario lectivo de todo o profesorado galego.

 Texto final do acordo

 Comunicado

 Solicitude ante Función Pública