Mobilización estatal en Madrid – Educación Infantil 0 a 3

CCOO valora positivamente o seguimento da mobilización estatal, convocada hoxe en Madrid, contra a precarización nas escolas infantís privadas

Unha gran multitude, proveniente de distintas comunidades autónomas e que contou coa presencia dun numeroso e implicado grupo de traballadoras e delegadas sindicais galegas, concentrouse na céntrica Praza de Callao para defender ás traballadoras do primeiro ciclo de Infantil que arrastran unha situación laboral precaria desde hai anos e cuxa solución segue bloqueada na Mesa de Negociación pola negativa das patronais para poñerlle fin cunhas condicións dignas para a importante tarefa que desempeñan.