Velaquí podes consultar a revista TE con todas as retribucións do persoal docente, actualizada ao mes de outubro de 2023, incluíndo a suba retroactiva do 0,5 %, froito do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, asinado por CCOO, que estaba condicionada á suba do IPC.
Consulta tamén o cadro resumo (en PDF), que inclúe retribucións mensuais detalladas; descontos de pasivos, MUFACE e cota obreira; trienios e sexenios; cargos directivos, e complementos.



