Publicada a listaxe provisional de persoas coordinadoras e titoras do prácticum do máster en profesorado e do curso de especialización en formación pedagóxica e didáctica de FP

 

 

Táboas salariais do ensino non regrado 2023

O pasado mes de xullo, CCOO asinaba as táboas salariais para 2023. Os aspectos máis relevantes son os seguintes:

  • Incrementos das retribucións entre un 3,75 % e un 8 % sobre todos os conceptos retributivos.
  • Retroactividade desde o 1 de xaneiro de 2023.
  • Incremento do 8 % para os postos de traballo vinculados ao salario mínimo interprofesional (SMI), ata chegar aos 15 120 euros anuais para 2023. Cómpre sinalar que, para acadar o SMI, ten que sumar o salario base e o complemento de dedicación, o que supón a imposibilidade de absorción de calquera outro complemento salarial.
  • Incremento adicional de 300 euros anuais no salario base (+5,71 % do salario base en total) aos catro postos de traballo para os que se esixe maior titulación e sobre os que recae directamente a maior responsabilidade educativa: profesor/a titular, profesor/a de taller, educador/a social e titulado/a non docente.

É importante salientar que as ditas táboas salariais aínda non están publicadas no Boletín Oficial do Estado (BOE) e que, polo tanto, as empresas poden non actualizar os salarios mentres non se publiquen. Unha vez realizado este trámite, disporán dun prazo de dous meses, desde a publicación, para facer efectivos os atrasos que en cada caso poidan corresponder.

‌ infórmaTE: táboas salariais 2023

Segunda proposta de negociación do proxecto de acordo por parte da Consellería

Na continuación da mesa sectorial do luns, celebrada hoxe mércores 4 de outubro de 2023, a Administración presentou unha nova proposta ás organizacións sindicais. Esta proposta, aínda que recolle melloras en base ás demandas presentadas por CCOO, resulta insuficiente. Durante a reunión, este sindicato volveu lembrar as liñas vermellas para chegar a un acordo: Reducir o calendario de aplicación a un … Ler máis

Preguntas para impugnar do exame do 30 de setembro (Grupo V – Limpeza – Camareira limpadora, agora grupo AP)

Só para persoal do grupo V (Limpeza – Camareira limpadora), agora grupo AP

O prazo remata hoxe ás 12 horas da noite

Instrucións:

1. Entrar no FIDES.
2. Entrar en Procesos selectivos e aí xa pon Presentar alegacións.
3. Cubrir e presentar.

Mandamos varias. Cada quen que mande o que lle interese.

Preguntas para impugnar:

Descargar todas nun ZIP comprimido

Descargalas unha a unha (Formato Word):

Toda a información sobre a reunión no Servizo Interconfederal de Mediación e Arbitraxe (SIMA) do 2 de outubro (Discapacidade)

O pasado 28 de xuño, CCOO solicitou unha mediación na negociación do convenio colectivo de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade debido á falta de progreso e á resistencia patronal a implementar melloras para os traballadores.

Froito da reunión mantida o 12 de xullo, retomáronse as conversas o 2 de outubro no SIMA. As organizacións patronais continuaron ignorando a negociación.

Tras a intervención do mediador, acordouse programar reunións específicas:

  • 27 de outubro. Táboas salariais dos centros educativos concertados e non concertados, permisos, artigo 35 e horario nocturno.
  • 8 de novembro. Contratación e clasificación profesional.
  • 23 de novembro. Artigo 29 e artigo 4.
  • 11 de decembro. Artigo 32 e incapacidade temporal.

CCOO urxe á patronal a actuar e colaborar na creación dun convenio que beneficie a máis de 200 000 persoas.

‌infórmaTE