Na continuación da mesa sectorial do luns, celebrada hoxe mércores 4 de outubro de 2023, a Administración presentou unha nova proposta ás organizacións sindicais. Esta proposta, aínda que recolle melloras en base ás demandas presentadas por CCOO, resulta insuficiente.
Durante a reunión, este sindicato volveu lembrar as liñas vermellas para chegar a un acordo:
- Reducir o calendario de aplicación a un período entre dous e catro anos en Educación Infantil e Primaria.
- Reducir as ratios en ESO, Bacharelato, FP e resto de ensinanzas de réxime especial.
- Activar o acordo de agrupamentos asinado en xullo de 2009.
- Incluír o calendario de recuperación das 18 e 21 horas lectivas en Primaria e Secundaria, respectivamente.
A Consellería comprometeuse a avanzar nestes apartados e presentará unha nova proposta de cara a continuar negociando dentro de 2 días, o vindeiro venres 6 de outubro.
Consulta a nosa intervención: