Ser docente ofrece a oportunidade única de xerar un impacto transformador e duradeiro nas vidas dos demais, axudando a construír futuros sostibles e brindando satisfacción persoal. Porén, o mundo enfróntase a unha escaseza global de docentes sen precedentes, agravada polo deterioro das súas condicións laborais e do seu estatus social.
Baixo o lema «Os docentes que precisamos para a educación que desexamos: o imperativo mundial de rematar coa escaseza de docentes», as celebracións do ano 2023 céntranse na importancia de deter o declive no número de docentes e en reverter esta tendencia, como unha prioridade da axenda mundial. A través de diversas actividades, abógase por dignificar e valorar a profesión docente, analizando os seus desafíos e presentando prácticas inspiradoras para atraer, reter e motivar aos docentes e educadores. Tamén se analizan as maneiras nas que os sistemas educativos, as sociedades, as comunidades e as familias recoñecen, valoran e apoian activamente aos docentes.
O Día Mundial dos Docentes, que se celebra o 5 de outubro, céntrase este ano no tema de reverter a tendencia á escaseza dotando de maior atractivo á profesión docente. Nos actos de celebración destácase a importancia de ser docente e a urxencia de atraer á profesión, e reter nela, a docentes cualificados. Insístese no dobre imperativo de atraer aos mozos aos programas de formación pedagóxica e de dotar de atractivo á profesión para aqueles que xa están en activo, co ánimo de frear o abandono docente. Sen perder nunca de vista a aprendizaxe permanente, os actos de celebración da profesión docente abranguen os distintos niveis educativos, espazos e modalidades de aprendizaxe. O Día Mundial dos Docentes 2023, enmarcado no contexto máis amplo do novo contrato social e a transformación da educación, baséase no traballo do Grupo de Alto Nivel do Secretario Xeral das Nacións Unidas sobre a Profesión Docente e no seguimento da Cume sobre a Transformación da Educación. Resalta as recomendacións derivadas de ambas iniciativas e nútrese da análise exhaustiva e dos valiosos datos recollidos para a preparación do Informe Mundial sobre os e as Docentes, que a UNESCO e o Equipo Especial sobre Docentes teñen previsto publicar a finais de 2023.
A UNESCO, a OIT, UNICEF e a Internacional da Educación, os catro organismos coorganizadores do Día Mundial dos Docentes, animan aos responsables da toma de decisións (en particular, aos ministros de Educación), aos organismos de cooperación e axuda para o desenvolvemento, aos representantes da sociedade civil, á profesión docente, á mocidade e ao sector privado, a que adopten medidas para dotar de maior atractivo á profesión docente mediante políticas e programas locais, nacionais e rexionais. Organízanse actos de promoción (por exemplo, reunións, exposicións, campañas, premios) que sinalarán os camiños que se poden tomar para asegurar os docentes que precisamos para a educación que desexamos.
Material complementario:

