Mes: Outubro 2023
Mobilización estatal en Madrid – Educación Infantil 0 a 3
CCOO valora positivamente o seguimento da mobilización estatal, convocada hoxe en Madrid, contra a precarización nas escolas infantís privadas
Unha gran multitude, proveniente de distintas comunidades autónomas e que contou coa presencia dun numeroso e implicado grupo de traballadoras e delegadas sindicais galegas, concentrouse na céntrica Praza de Callao para defender ás traballadoras do primeiro ciclo de Infantil que arrastran unha situación laboral precaria desde hai anos e cuxa solución segue bloqueada na Mesa de Negociación pola negativa das patronais para poñerlle fin cunhas condicións dignas para a importante tarefa que desempeñan.
CCOO Ensino demanda solucións aos problemas do concurso de traslados deste curso
Anteriormente, xa presentamos propostas nas mesas sectoriais docentes co Ministerio e coa Consellería de Educación, no Consello Escolar do Estado e tamén, por escrito, á Subsecretaría de Estado de educación e á Consellería de Educación.
CCOO con Palestina: concentracións na Coruña e Vigo
Publicadas as datas para as probas de obtención dos certificados de lingua galega Celga 2,3,4
Datas para as probas que foron convocadas mediante a Resolución do 4 de agosto de 2023. Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 18 de novembro de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G. 19 de novembro de 2023, … Ler máis
Persoas admitidas e excluídas e baremo provisional para varias especialidades do corpo de PESSFP
Especialidades: Fabricación e instalación de carpintaría e moble Mantemento de vehículos Mecanizado e mantemento de máquinas Prazo de reclamacións: do 25 ao 27 de outubro de 2023 Resolución Baremo provisional Listaxe provisional de persoas excluídas Na web da Consellería
Retribucións PSEC, actualizadas a outubro 2023
Velaquí podes consultar a revista TE con todas as retribucións do PSEC, actualizada ao mes de outubro de 2023, incluíndo a suba retroactiva do 0,5 %, que estaba condicionada á suba do IPC, froito do Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, asinado por CCOO. Consulta tamén os cadros resumo, para persoal funcionario e para persoal laboral. Persoal funcionario: … Ler máis
Concentración por un concurso de traslados xusto
Sábado 28 de outubro de 2023, 12:00
Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela
- Por unha disposición transitoria que regule a participación no Concurso Xeral de Traslados (CXT) do novo funcionariado de carreira para que non se incurra en ningún agravio comparativo.
- CCOO é o único sindicato que tentou chegar a unha solución negociada.
- Despois de esgotar a vía negociadora, agora mobilizámonos.
Segunda xornada de folga en educación infantil 0-3: éxito masivo
Segunda xornada de folga, cunha participación masiva ao igual que a primeira celebrada o pasado día 19 de outubro, a pesar dos servizos mínimos abusivos, na liña dos anteriores.
Empresas de xestión directa (privadas 100%) seguen vulnerando o dereito fundamental á folga.
CCOO xa denunciou esta práctica a semana pasada ante Inspección de Traballo e a nosa asesoría xurídica demandará todos os abusos cometidos.
