As cousas claras (desmentindo bulos)

Logo das múltiples consultas trala sinatura do Acordo sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docente puidemos constatar que hai un descoñecemento bastante xeneralizado do seu contido.

Estanse dando por boas certas mensaxes, interesadas en mobilizar ao profesorado de cara a unha folga, que son, literalmente, bulos.

Consulta o comunicado conxunto asinado por CCOO, ANPE e UGT:

‌ As cousas claras (desmentindo bulos)

Segunda xornada de folga e manifestación na educación infantil 0-3

Despois do éxito da primeira convocatoria o pasado xoves, convocamos a segunda xornada das catro previstas:

FOLGA e manifestacións o mércores 25 de outubro

POR UN CONVENIO DIGNO E SALARIOS XUSTOS!

NON AO BLOQUEO DAS NEGOCIACIÓNS!

‌ Comunicado das organizacións sindicais convocantes

 Vídeo de convocatoria da folga

19 de outubro: día mundial da loita contra o cancro de mama

Unha de cada oito mulleres terá cancro de mama En España diagnosticáronse 35 000 casos de cancro de mama en 2023 As mulleres representan o 70 % do colectivo profesional do ensino A prevención e a detección temprana do cancro de mama son fundamentais para reducir a mortalidade e mellorar a calidade de vida das persoas diagnosticadas Desde CCOO Ensino … Ler máis

Mobilización masiva en educación infantil 0-3: éxito na primeira das catro xornadas de folga e manifestación

Un clamor de unidade e determinación resoou nas rúas de Vigo e A Coruña. As traballadoras da educación infantil 0-3 deron inicio á primeira de catro xornadas de folga e manifestación, nun esforzo continuado por alcanzar un "convenio digno".

Estas mobilizacións, que suceden ás xornadas de protesta de xuño, resaltan a constante intransixencia das organizacións patronais, que evitan a negociación e manteñen unha posición inmobilista.

A pesar das condicións climáticas adversas e dos servizos mínimos abusivos, o chamamento tivo un rotundo éxito, cunha participación do 80%.

Esta unidade vaise manter viva con plans de acción futuros, incluíndo unha gran mobilización en Madrid o vindeiro 28 de outubro.

Máis contas e menos contos!

Por desgraza, debemos continuar coa serie de aclaracións sobre as desinformacións intencionadas que se están publicando sobre o Acordo de medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do persoal funcionario e laboral docentes. Pero como di o refrán… Quen cala, outorga!

Nesta ocasión toca explicar cales son as cantidades das melloras retributivas e como se reparten entre o profesorado en función das súas características.