Con unidade e firmeza, as traballadoras da educación infantil 0-3 levaron a cabo a primeira xornada de folga e manifestación en busca dun “convenio digno” das catro convocadas. Este evento marca a continuación das accións de protesta que comezaron no mes de xuño e pon de relevo a persistente falta de avance nas negociacións, onde as organizacións patronais manteñen unha posición inmobilista.
As mobilizacións de hoxe en Vigo e A Coruña foron un rotundo éxito, cunha participación do 80 %, a pesar das condicións meteorolóxicas adversas e dos servizos mínimos abusivos e vergoñentos impostos en escolas infantís de xestión directa (100 % privadas), que vulneran o dereito fundamental á folga. Do mesmo xeito, a Consellería decretou servizos mínimos abusivos para as escolas do Consorcio, ao igual que algúns concellos. Denunciaremos todos os abusos relacionados cos servizos mínimos.
Este movemento non se detén aquí. Facemos tamén un chamamento para acudir ás demais xornadas convocadas:
- Mércores 25 de outubro, en Vigo e na Coruña
- Sábado 28 de outubro, en Madrid
- Mércores 8 e mércores 15 de novembro, aínda por determinar onde
POR UN CONVENIO DIGNO, MOBILÍZATE!
A DIGNIDADE DEFÉNDESE!
EDUCACIÓN INFANTIL 0-3 EN LOITA!
Cobertura da folga nos medios de comunicación:
- Telecinco – Cuatro días de huelga en Educación Infantil por la precariedad laboral de los docentes
- SER – Las educadoras de las escuelas infantiles denuncian en Vigo que la negociación de su convenio continúa bloqueada 10 meses después
- Europa Press – Concentración de educadoras infantiles en Vigo por la huelga de escuelas infantiles privadas
- La Voz de Galicia – Cifran en un 80 % el seguimiento de la huelga de escuelas infantiles entre el personal no asignado a servicios mínimos