Xuntanza coa Dirección Xeral de Función Pública

Nesta xuntanza aclaramos co Director Xeral as características da xornada laboral semanal no sector do Ensino Público de Galicia, diferenciando entre horario lectivo, de permanencia no centro e complementario.

Tendo en conta isto, esiximos a apertura de negociacións para avanzar progresivamente cara a recuperación do horario lectivo de 18 e 21 horas.

A Dirección Xeral de Función Pública autorizará abrir as negociacións para adecuar a prestación efectiva da xornada semanal na mesma liña que o acordado por todos os sindicatos, incluída a CIG, noutros sectores da Xunta como o SERGAS ou Política Social.

Reclamamos que a Consellería de Educación convoque canto antes a Comisión de Seguimento do Acordo e poder iniciar os traballos para avanzar nesta liña.