Concentración por un concurso de traslados xusto

As condicións de baremación dos distintos colectivos non poden xerar un agravio comparativo cos funcionarios/as que accederon polo sistema extraordinario de concurso-oposición de 2023 nin para os funcionarios en prácticas que participan con cero puntos. E, do mesmo xeito, co funcionariado de carreira nomeado anteriormente (en expectativa ou definitivo).

Nós, CCOO, temos traballado incansablemente para asegurar que se estableza unha disposición transitoria que regule a participación no Concurso Xeral de Traslados (CXT) dos novos funcionarios de carreira, evitando calquera agravio comparativo. Desde o principio, fomos o único sindicato que buscou unha solución negociada a esta situación. Despois de esgotar a vía negociadora, agora nos mobilizamos.

O colectivo que superou o concurso extraordinario de méritos non ten fase de prácticas e foi nomeado funcionario de carreira de forma inmediata, participando no seu primeiro CXT con puntos. Sen esta regulamentación transitoria, estariamos a crear agravios comparativos en relación a outros grupos de funcionariado, tanto para aquelas persoas que xa tiveron a condición de funcionario/a de carreira como para aquelas que accederon en xuño de 2023 por concurso-oposición, participando en fase de prácticas e con cero puntos.

CCOO está comprometido a loitar polos dereitos do colectivo docente e por un proceso xusto e igualitario para todas as persoas participantes no CXT. Xuntos e xuntas, temos o poder de cambiar as cousas.

 Novas relacionadas:

 Fotos da concentración: