Segunda xornada de folga en educación infantil 0-3: éxito masivo

Con unidade e firmeza, as traballadoras da educación infantil 0-3 levaron a cabo a segunda xornada de folga e manifestación en busca dun “convenio digno” das catro convocadas. Este evento marca a continuación das accións de protesta que comezaron no mes de xuño e pon de relevo a persistente falta de avance nas negociacións, onde as organizacións patronais manteñen unha posición inmobilista.

As mobilizacións de hoxe en Vigo e A Coruña foron un rotundo éxito, a pesar das condicións meteorolóxicas adversas e dos servizos mínimos abusivos e vergoñentos impostos en escolas infantís de xestión directa (100 % privadas), que vulneran o dereito fundamental á folga.

Este movemento non se detén aquí. Facemos tamén un chamamento para acudir ás demais xornadas convocadas:

  • Sábado 28 de outubro, en Madrid
  • Mércores 8 e mércores 15 de novembro, todavía por determinar onde

Poster manifestación Madrid 28 outubro

POR UN CONVENIO DIGNO, MOBILÍZATE!
A DIGNIDADE DEFÉNDESE!
EDUCACIÓN INFANTIL 0-3 EN LOITA!

 Comunicado da convocatoria

Cobertura da folga nos medios de comunicación: