Datas para as probas que foron convocadas mediante a Resolución do 4 de agosto de 2023.
- Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
- 18 de novembro de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.
- 19 de novembro de 2023, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
- Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
- 25 de novembro de 2023, para todas as persoas admitidas.
- Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:
- 26 de novembro de 2023, para todas as persoas admitidas.
Os centros de realización das probas serán:
- En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas.
- En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade.
As probas comezarán ás 09:00.
As probas orais realízanse o mesmo día que as probas escritas. A hora concreta publicarase no centro correspondente e na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez rematada a proba escrita.