Terceira proposta de negociación do proxecto de acordo por parte da Consellería

CCOO valora positivamente as modificacións introducidas pola Administración neste terceiro documento, presentado en Mesa Sectorial no día de hoxe. Esta proposta recolle emendas propostas por CCOO e as outras organizacións sindicais que decidiron participar activamente durante todo o proceso de negociación. As máis destacables son:

  • Redución de ratios en ESO e Bacharelato.

  • Reactivación do Acordo de Agrupamentos para as aulas que escolaricen a alumnado de diferentes nivies, ciclos ou etapas (14, 12 e 10 alumnas/as, respectivamente).

  • “Foto fixa” das ratios no curso 2024/25. As aulas que ao inicio do proceso de redución de ratios estean entre a ratio máxima actual e a ratio reducida obxectivo, non poderán ver incrementado o número real de alumnas/os durante todo o proceso.

  • Fin das supresións e do peche de aulas derivadas da redución de alumnado durante o proceso de implantación das novas ratios.

  • Fixación dunha redución de alumnado por aula, a maiores, en función do tipo da necesidade educativa acreditada.

A Administración remitirá un documento definitivo o luns, con gran parte das demandas reclamadas por CCOO.

En caso de que non asine ningunha organización sindical, non se aplicará ningunha das medidas de redución de ratios.

CCOO someterá democraticamente aos seus órganos de decisión a sinatura ou non do acordo.

CCOO non asinará ningunha proposta que non inclúa o compromiso de negociación da recuperación do horario lectivo perdido.

 

Consulta os seguintes ficheiros para máis información: